HISTORIA

ORÍXENES

De orixe eremítico foi fundado en 1158 polos monxes do cister procedentes de clairvaux (Claraval, Francia) comandados polo abad Giraldo.

HISTORIA

O rei Alfonso VII entregou o mosteiro ó coto de Melón (parroquias de Melón, Quíns e Villar de Condes). Nun principio rexeitaron vivir de rendas e basearon a súa economía na explotación das súas terras. Para manter estas explotacións buscarán axuda nunha nova clase de relixiosos: "os conversos", que lles permitirán explotar unha gran cantidade de terras afastadas xeográficamente.

A finais do século XII e comezos do XIII os monxes empezaron a converterse en “Señores” e a explotación indirecta vai gañando protagonismo.

No século XIII o mosteiro tiña posesións no Porriño, Vigo (o cal dependeu moitos anos do mosteiro de Melón),... a través dos cuales comercializaba as colleitas de viño dos viñedos que tiña nas Ribeiras do Avia. O mosteiro pretendía centralizar en Redondela todo o seu comercio da Ría de Vigo.

O seu patrimonio foi aumentando paulatinamente pola compra dos terreos, por donativos ou polas cesións de algúns nobres a fin de manter o seu status. Outras veces forzaba ós aforados a outros menesteres tales coma rendas en polvo, transporte de sardiñas.... ou a renda exclusiva de Melón que consistía na obriga de cruzar ó abade e ós acompañantes dunha orilla á outra da Ría deVigo en San Pedro Domaio.

Ata o século XIV as granxas e os celeiros foron os centros administrativos das propiedades monásticas.

A partir do século XIV endurécense as rendas e nos recoñecementos de señoríos, a obriga de alimentar ós representantes do mosteiro nos seus desplazamentos. Tamén se esixía a consideración da vasallaxe e obediencia cando os señores visitaran a comarca, e o pago da “Loytosa” ou dereito de transmisión (para poder herdar os bens dos antepasados). Tamén existía unha penalización de abandono do campo hacia os núcleos urbáns.

No século XV entre as súas posesións destacan as situadas nos vales, entre os que é de capital importancia o cultivo da vide. Entre os productos obtidos están:

•  Pescado nas ribeiras do mar e nos pés da conca do Miño.
•  Gando nas terras altas de montaña.
•  Cereais e viño nos vales de Louro, Tea, Avia....

Ver posesións no século XV

A principal causa de ruina do mosteiro hay que buscala na desamortización eclesiástica do século XIV co fin da presenza dos monxes, provocando a ruina dos seus claustros e igrexa, derrumbándose as súas naves e decidindo o señor obispo de Tui (Diocese á que pertencía) cerrar cunha fachada a parte que quedaba.

Despois da enclaustración, gran parte da pedra da sua igrexa foi vendida, ao prezo de 1 peseta por carro cargado, para a construcción do templo de A Cañiza.